Nesta liña vai comezar a impartir o curso formativo de nivel 2 , que leva por título Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios , impártese en distintos módulos tanto específicos como transversais e incorpora un período de prácticas en empresas de 120 horas . Conta con 15 prazas , e ten unha duración de 528 horas , comezando o 12 de febreiro e finalizando o 17 de xullo .
