A Marea de Noia manifestou segundo sinalan do incumprimento do goberno da Xunta de Galicia e as promesas de Santiago Freire en 2016, que se comprometeron a executar nese mesmo ano un depósito da auga para mellorar a calidade da auga potable en Noia.Indican que Catro anos despois, e logo de varias de preguntas tanto en sesión plenaria no Concello como no Parlamento Galego o compromiso asinado segue sen executarse e non ten trazas de se materializar.
O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas sinalou que “ o goberno da Xunta e Santiago Freire mentiron descaradamente, catro anos despois seguimos sen depósito da auga e a calidade da auga de Noia vai a peor sen se realicen melloras na captación e na planta de tratamento”. Dende a Marea aseguran que “ só nos quedan volver a reclamalo por activa e por pasiva na Xunta, cousa que seguiremos facendo, xa que Santiago Freire, por non molestar ao partido, permanece en silencio”
