A cabalgata de Reis sairá en Noia o domingo 5 de xaneiro, ás 18:00 horas, do malecón de San Lázaro para facer un percorrido pola Praza das Américas, Carreiriña, Porta da Vila e rúa Rosalía de Castro, para volver á Alameda de Noia, onde terá lugar a recepción ás Súas Maxestades diante da casa consistorial. Durante o traxecto repartirán caramelos aptos para celíacos. O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Eventos, Beatriz Rosende, presentaron esta mañá a programación da Cabalgata de Reis, que terá lugar a partir das 18:00 horas do domingo 5 de xaneiro.
