O Concello de Outes vén de recibir a notificación da concesión dunha axuda do IDAE por valor de 766.825 € para a mellora da eficiencia da rede de alumeado público no concello. Segundo indicaron o alcalde, Manolo González, e a tenente de alcalde e concelleira de medio ambiente Alba Quintela, o proxecto ascende a 958.532 €, polo que a subvención do IDAE cubre o 80% dos custes totais.
