A Consellería de Política Social fomenta o desenvolvemento persoal e profesional da xente nova para mellorar as súas opcións de empregabilidade no Encontro Sectorial Historias de Empremento levado a cabo esta mañá no Espazo Xove de Noia. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a esta iniciativa onde destacou a relevancia das competencias persoais básicas como a comunicación na busca de emprego.
