Dende a construción da estación de autobuses no ano 1993 a Xunta vén realizando varias obras menores que excedían da conservación ordinaria e que garantían o funcionamento da estación a curto prazo. Entre elas fíxose un saneo do terreo no que está situado o edificio porque se detectou nunha inspección o asentamento da soleira e a aparición de gretas en tabiques e carpinterías, en concreto na zona da cafetería. A xunta licitou os traballos nun importe superior aos 270.000 euros

