1200 foron as curtas presentadas este ano na XX edición da mostra das curtas de Noia. Co paso dos anos a mostra vai medrando, converténdose na plataforma de lanzamento das curtametraxes aos Goya, e segundo explicou o concelleiro de cultura, Pepe Pérez, este é o ano mais internacional, no que recibiron traballos dende os paises mais lonxanos.