Coa finalidade achegar o concello aos veciños e facilitar o acceso a toda a información de utilidade para eles, o goberno de Outes vén de poñer en marcha un apartado de transparencia dentro da web municipal. Neste espazo os cidadáns poden coñecer a acción política e de goberno do concello.

