O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Ensino, Mariola López Cierto, realizaron unha visita ao CEIP Felipe de Castro, onde puideron comprobar a boa marcha das obras de rehabilitación enerxética que se están a realizar no centro escolar e que supoñen un investimento de preto de 671.000 euros por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

