A Xunta e a Federación Galega de Ciclismo fixeron entrega en Noia de 120 prendas reflectantes a deportistas e peóns no marco da campaña Eu fágome ver, destinada a reforzar a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables das estradas. No acto participaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz e o alcalde de Noia, Santiago Freire.

