O Hipermercado Eroski de Noia contou esta mañá cunha nova campaña comercial presentada co apoio de máis de 50 provedores e do selo de garantía de calidade certificada Galicia Calidade.
A compañía galega de distribución alimentaria arrinca a campaña co lanzamento dun novo anuncio que resalta a súa aposta pola produción local nos seus establecementos, ofrecendo aos consumidores a máxima calidade a través dos produtos de proximidade.