O salón de plenos do Concello de Noia acolleu o pasado venres unha charla informativa sobre a tenencia responsable de mascotas, organizada pola Concellería de Medio Ambiente e na que participaron unha trintena de veciños e veciñas
Unha charla durante a que se repartiu un díptico informativo con consellos básicos para a tenencia responsable de mascotas e información sobre as razas de cans considerados potencialmente perigosos segundo a normativa actual.

