Noia

O Concello de Noia habilita unha zona na praia do Testal para que a veciñanza poida acudir coas súas mascotas

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Noia vén de habilitar unha zona na praia do Testal para estancia e paseo con cans, sempre que os seus propietarios se encarguen da recollida das deposicións dos mesmos.

A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, explica que “así damos resposta a unha demanda da veciñanza, que nos pedía un espazo aberto de praia no que puideran levar ás súas mascotas sen molestar ao resto de persoas e sen ser sancionadas”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.