O Concello de Noia vén de convocar o proceso de selección, mediante o sistema de concurso oposición, para cubrir 12 postos de traballo da categoría de peóns para o servizo de obras e de limpeza viaria.
Un contrato de 3 meses de duración, con xornada a tempo parcial (25 horas semanais) e baixo a modalidade de contrato de traballo temporal con cláusulas específicas de contrato temporal de traballos de interese social que hoxe foi publicado no BOP e cuxas bases poden descargarse da sede electrónica do Concello noiés.

