Centos de veciños e veciñas, sobre todo nenos e nenas, participaron esta mañá nas actividades organizadas polo Concello de Noia para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Entre as 11:00 e as 14:00 horas, a alameda de Noia acolleu un inchable de multiactividades deportivas para os máis pequenos, así como un obradoiro de reciclaxe no que os pequenos aprenderon a importancia de consumir produtos alternativos ao plástico así como diversos modos de reciclar os envases de plástico que teñen nas casas.