Este ano as festas da Guía de Carreira celebráronse con dous días de actos nesta parroquia de Ribeira.
Unha ruta cabalar, partidos de fútbol, exhibición de boxeo da escola local El Canario; e mesmo unha degustación de churrasco, xurelos e paella animaron a todas as persoas que se achegaron a Carreira.

