Xusto un ano despois do pasamento do político, profesor e escritor Plácido Betanzos, xa leva o seu nome o paseo marítimo da localidade que o veu nacer. Centos de persoas déronse cita en Palmeira para presenciar o acto institucional de nomeamento, celebrado á altura do parque infantil.
O evento comezou coa interpretación da Marcha do Antigo Reino de Galicia por parte do grupo de música tradicional Andavía para dar paso a continuación á lectura dalgúns parágrafos dos tres libros publicados por Plácido

