O Concello de Noia está a traballar na habilitación dun refuxio para animais abandonados no municipio.
O alcalde, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri Arufe, achegáronse esta mañá ata as dependencias da Agrupación de Protección Civil de Noia no polígono de Augalevada para avaliar a posibilidade de instalar o refuxio a carón destas instalacións.