O vindeiro xoves comezará en Noia a Feira Cabalar de San Marcos, unha das festas con maior tradición na vila noiesa. Na súa presentación, o presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobo Pérez Paz, salientou que obxectivo é recuperar unha tradición como a actividade cabalar, tan vinculada as festas de San marcos dende moitos anos e indicou que esta edición contara con actividades de todo tipo onde destacan varios concursos de cabalos cruzados, de andadura galega ou a Copa Galicia Pura Raza Galega. Todos os concursos terán lugar o propio xoves 25 e entregaranse 46 trofeos e todos eles contarán cun premio económico.
Para rematar, o edil considerou a Feira Cabalar como única e amosou o documento para solicitar a Xunta o Interese Turístico Galego para esta festa tradicional, cun arraigo cultural moi importante en Noia e na súa contorna.