O Coliseo Noela de Noia acolleu o pasado venres o acto de presentación do candidato do Partido Popular a alcaldía, Santiago Freire. A este acto, acudiu o seu presidente en Galicia, Nuñez Feijoo, que chamou ao voto útil para o seu partido. O evento comezou coa intervención de Santiago Freire, que fixo balance dos anos que leva no mandato, nomeando varios traballos que se levaron a cabo no municipio. Tamén acudiu ao acto no Coliseo Noela, Julio Bustelo, que se presenta as eleccións xerais no número cinco da provincia da Coruña. O noiés enfocou o seu discurso en torno as eleccións xerais