20 noviembre, 2026
Image default

A Gala do Deporte de Noia distinguiu aos 11 mellores deportistas e clubs deportivos durante o ano 2018

Máis de 350 persoas ateigaron na noite de onte venres o Coliseo Noela para asistiren á Gala do Deporte do Concello de Noia, que distinguiu aos 11 mellores deportistas e clubs deportivos durante o ano 2018. Dous deportistas do Club ITF Noia, Paula Blanco Pro e Martín Iglesias Rial, foron distinguidos como os mellores deportistas de Noia.
O alcalde de Noia, Santiago Freire, quixo felicitar“a todas as persoas finalistas e tamén a moitas outras que foron nominadas e que merecen tamén este premio. Fixo unha mención especial a Ramón Andrés Pérez, Alba Castro Molero e José Barrio Guldrís deportistas da modalidade adaptada.

O premio á mellor promesa feminina recaeu na taekwondista Vanessa Roo Ferrer, cuxo premio foi recollido polo seu pai e nai xa que se atopa de viaxe en Roma co colexio mentres que o premio ao mellor evento de Noia no 2018 recaeu no Ralli de Noia, que foi recollido por Javier Rodríguez, presidente da Escudería Berberecho. Rodríguez desexou que a próxima edición “saia como está saíndo todos estes anos. Pola súa banda, o Noia Fútbol Sala fíxose co premio ao mellor club de Noia. O premio foi recollido por Javier Barreiro, director deportivo e secretario do club, quen se amosou confiando no futuro. Ramón Andrés Pérez foi elixido mellor deportista de Noia na modalidade de deporte adaptado e José María Salanova, do club Maniotas de Noia, conseguiu o premio ao mellor técnico .Os momentos máis emotivos da noite foron os dous recoñecementos especiais entregados a José Antelo, pivot noiés e capitán do do UCAM Murcia que fai uns días anunciou a súa retirada do baloncesto a causa dunha lesión

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX