A vila de Noia contará mañá coa apertura do primeiro parque canino do municipio. Esta infraestrutura, que foi moi demanda por parte da veciñanza, contará con varios elementos agility, para a actividade deportiva dos animais e terá unha dimensión aproximada duns 700 metros cadrados. A concelleira de Medio Ambiente , Ángela Neri, falou sobre as distintas infraestruturas do parque canino salientando que é necesario concienciar aos veciños e veciñas para que sexan responsables das súas mascotas.

