Noia

O Goberno de Noia aprobou a proposta de crédito extraordinario para levar a cabo varios investimentos na vila


O Goberno de Noia aprobou no pleno celebrado onte, a proposta de crédito extraordinario para levar a a cabo varios investimentos na vila por un valor de máis de medio millón de euros. Estes traballos suporán unha s serie de melloras tanto en pavimentación, saneamento ou no arranxo de varios parques infantís respondendo así a demanda dos veciños

Varios investimentos en pavimentación, saneamento ou arranxo de parques infantís vanse levar a cabo no municipio noiés despois de aprobar onte no pleno, un crédito extraordinario por un valor superior aos cincocentos mil euros. A pesar de estar de acordo con parte dos traballos que se desenvolverán, os partidos da oposición coincidiron en destacar que esta proposta debía estar incluída nos orzamentos de febreiro ou xaneiro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.