Noia

A Feira do Comercio de Noia contou este fin de semana cunha afluencia de xente máis que notable


A Feira do Comercio de Noia contou este fin de semana cunha afluencia de xente máis que notable. Veciños e veciñas da comarca aproveitaron os descontos dos 25 establecementos instalados no Pavillón Agustín Mourís para facerse con calzado e roupa para todos os gustos. Segundo apuntou a asociación Noia Histórica, os comerciantes amosáronse moi contentos a pesar de aínda non contar con datos económicos. Dende Noia Histórica salientaron que o balance desta nova edición foi moi positiva.
A concelleira de comercio, Mariola López Cierto, destacou que renovarse é imprescindible na actualidade e que Noia asoma estes cambios así como prezos e descontos apetecibles.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.