Noia

O Partido Popular de Noia presentou hoxe aos seus tres primeiros candidatos para as vindeiras eleccións municipais do vindeiro 26 de maio

https://www.youtube.com/watch?v=1_k9YMIJRNk
O Partido Popular de Noia presentou hoxe aos seus tres primeiros candidatos para as vindeiras eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. No acto de presentación, o alcalde noiés e cabeza de lista, Santiago Freire cualificou tanto a Mariola López como a Laura Salgado, a número dous e número 3, como dúas persoas de enorme confianza e coñecedoras das facetas do Concello. Indicou ademais que Laura Salgado, con formación universitaria no ámbito de economía, accede as listas por primeira vez.
Por último, Santiago Freire sinalou que nas vindeiras semanas o Partido Popular de Noia dará a coñecer o resto de membros da lista.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.