O Concello e Augas de Galicia avanzan na legalización da captación de auga no río Vilacoba e no proxecto de mellora da ETAP de Noia.
https://www.youtube.com/watch?v=HC4OZfXUEHU
O alcalde de Noia, Santiago Freire, e o concelleiro de Obras, Martín Fernández, mantiveron unha reunión coa directora xeral de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e técnicos da Consellería de Medio Ambiente para avanzar en tres puntos: a legalización da captación de auga do río Vilacoba na Albariza, a licitación do proxecto de mellora da ETAP de Noia e a contratación da redacción do Plan Director de Saneamento.