O Concello de Noia e Protección Civil organizan unha serie de charlas sobre seguridade e simulacros de evacuación que terán lugar en todos os centros escolares do municipio.
“Comezarán no IES Campo de San Alberto e despois seguirán no resto de centros educativos de Noia para poñer en práctica as medidas de emerxencia e comprobar a efectividade dos protocolos de actuación de cada centro ante unha emerxencia”, explicou a concelleira de Protección Civil, Ángela Neri.