Porto Do Son

A Xunta remata a obras da glorieta da travesía de Portosín nas que investiu 370.000 euros para eliminar un punto negro de accidentes da comarca

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, comprobaron na tarde de onte o resultado das obras da glorieta da travesía de Portosín na estrada comarcal AC-550 nas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu 370.000 euros.

Este proxecto se inclúe dentro das distintas actuacións que a Xunta de Galicia está levando a cabo para eliminar os puntos negros da rede viaria galega.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.