A xunta de goberno local Concello do concello de Ribeira adxudicou esta mañá unha actuación destinada a ampliar a antiga escola unitaria de Corrubedo, edificio construído a mediados dos anos 50 do pasado século que, tras ser sometido a sucesivas reformas, hoxe está destinado a usos socio-culturais na planta baixa e a actividade administrativa no primeiro andar.
A empresa que obtivo unha mellor clasificación resultou ser Alberto Pérez Sampedro, cunha proposta de 105.182 euros.