21 C
Chicago
17 agosto, 2026
Image default

Ethel Vázquez avanza o remate para o verán das obras de mellora de seguridade viaria no acceso ao peirao de Portosín, cun investimento duns 500.000 euros

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, supervisou hoxe o inicio das obras de mellora de seguridade na estrada AC-550, no acceso ao peirao de Portosín, cun investimento duns 500.000 euros, que estarán rematadas para o verán.

Vázquez Mourelle explicou que se construirá unha glorieta nesta intersección para calmar os tráficos e realizar os xiros de forma máis segura. Precisou que así se resolverá a problemática deste cruce que se atopa nunha curva de radio reducido, con pouca visibilidade, especialmente para os coches que se incorporan desde a Travesía da Igrexa.

Related posts

A XUNTA INVISTE MÁIS DE 267.000 EUROS NA MELLORA DO PAVILLÓN DO IES DE PORTO DO SON

CloudyX

O PORTO DO SON VOLVEU RENDER HOMENAXE A UN DOS GRANDES PROTAGONISTAS DA SÚA GASTRONOMÍA

CloudyX

AVANZAN NO PORTO DO SON AS OBRAS DE MODERNIZACIÓN DO COMPLEXO DEPORTIVO DA TARELA

CloudyX