7 septiembre, 2026
Image default

O Concello de Riveira informa da execución dunhas obras consistentes na pavimentación de sendos tramos da rúas da Muralla e Luis Pimentel na parroquia de Aguiño

A rúa da Muralla presentaba un pavimento de terra e o de Luis Pimentel outro de aglomerado asfáltico que está moi deteriorado.

O proxecto técnico elaborado persegue a renovación dos dous firmes a través da aplicación en ambos casos dunha mestura bituminosa en quente.
Na rúa da Muralla actúase sobre unha lonxitude de 125 metros liñais, previo desbroce, limpeza e acondicionamento da superficie a pavimentar, ademais de estender unha primeira capa de zahorra artificial.
Pola súa parte, na rúa Luis Pimentel a zona de actuación ten unha lonxitude de 255 metros e como traballos previos fresarase o pavimento asfáltico actual, ademais de proceder ao desbroce e limpeza.

Related posts

RIBEIRA FOI O EPICENTRO NACIONAL DA INVESTIGACIÓN

CloudyX

A OPOSICIÓN DE RIBEIRA PIDE UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA ABORDAR O FUTURO DA RESIDENCIA PÚBLICA DE MAIORES

CloudyX

A ASOCIACIÓN RENACER RENOVA OS SEUS PROGRAMAS DE PREVENCIÓN E EDUCACIÓN EMOCIONAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

CloudyX