O Concello de Noia vén de iniciar as obras de mellora do parque infantil do paseo marítimo coa instalación dunha nova soleira de formigón.
Uns traballos que foron seguidos pola concelleira de Parques e Xardíns, Mariola López Cierto, quen explica que “xa está instalada a nova soleira e nos próximos días instalaremos un pavimento de caucho antiimpacto na contorna dos xogos para mellorar a seguridade dos nenos e nenas que utilizan este parque e amortecer calquera tipo de golpe ou caída que poida producirse”.

