Noia

O pleno municipal aprobará o convenio de adhesión do Concello de Noia á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

O Concello de Noia celebrará mañá martes 27 de novembro, ás 20:30 horas, a sesión plenaria ordinaria do mes de novembro no que se aprobará o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

Un acordo polo cal o Concello de Noia delegará na APLU das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística establecidas nos artigos 152 e seguintes da LSG, en relación coas obras e usos do solo que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións.
Unha delegación sempre que as supostas actuacións estean situadas en solo rústico ou non urbanizable, solo urbanizable ou apto para urbanizar e núcleos rurais delimitados no planeamento urbanístico. O Concello de Noia conservará as competencias de reposición da legalidade e a potestade sancionadora, tendo que entregar o 50% do importe das multas coercitivas e sancións impostas pola APLU.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.