O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova actuación dirixida á instalación dunha rede de saneamento na zona de Corrubedo coñecida como Pedra do Pino, moi próxima á praia da Ladeira.
O obxectivo fundamental que se pretende con esta obra, moi demandada polos veciños da zona, reside en dotar ao sitio en cuestión dun servizo do que actualmente carece.

