Outes

O Plan Único da Deputación activa preto dun millón de euros en obras en Outes, onde veñen

O Concello de Outes vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado os anuncios de licitación de trece obras que serán no financiadas este ano no municipio polo Plan Único (POS+2018) da Deputación da Coruña.
https://www.youtube.com/watch?v=lX_8kQzLlGA
As obras, que suman un importante investimento de 953.276,63 euros, achegados integramente pola Deputación da Coruña, contribuirán a renovar numerosas infraestruturas municipais e inclúen a limpeza e pavimentación de numerosos núcleos, camiños, pistas e estradas municipais, así como a substitución da cuberta e a adaptación interior do edificio do CEIP Emilio Navasqües, que se usará como centro social municipal, a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Outes, ou a reforma da sala de actividades da piscina municipal, que será acondicionada para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.