O 30 de novembro os maiores da Pobra e de outros concellos da contorna poderán desfrutar dunha xornada de convivencia e confraternidade no xantar do maior da Pobra.
Trátase dunha cita de carácter anual da que poderán desfrutar os maiores de 60 anos. Dende o concello da Pobra apostan pola continuidade da celebración que ten unha elevada demanda.