O Nadal está á volta da esquina, pero antes de que o alumnado dea vacacións hai un día festivo marcado no calendario. O 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción, cae en martes polo que moitos centros educativos farán ponte o luns 7. Para facilitar a conciliación familiar, o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Igualdade, vén de presentar un obradoiro de conciliación para o 7 de decembro.

