Juan Alcalde Tubío e María Teresa Piñeiro Oca viron recoñecido o seu labor e traballo ao longo da súa vida no marisqueo na ría de Muros-Noia ao recibiren os Berberechos de honra.
As distincións foron entregadas no marco das III Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia. Santiago Freire felicitou a ambos mariscadores e agradeceu o traballo da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia “no desenvolvemento desta promoción dun produto tan importante para Noia e a nosa comarca como é o berberecho”.

