Pobra Do Caramiñal

Patrimonio autoriza varias obras de conservación e mantemento en Pobra do Caramiñal E Porto do Son

O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia.

Concretamente, autorizouse na comarca do Barbanza a restauración do Cruceiro de San Isidro en Pobra do Caramiñal e en Porto do Son deuse autorización a un obradoiro de carpintería para a instalación dun peche perimétrico de madeira aos colectores de lixo existentes ao longo da estrada AC-550 xunto coa autorización para actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, cun control arqueoloxía pola súa cercanía ao Castro de Baroña, dous petroglifos e unhas mámoas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.