Noia

A Coral Polifónica de Noia organiza un Concerto Solidario a favor de Cruz Vermella

https://www.youtube.com/watch?v=RCrP9eB_WFc
A Sociedade Liceo de Noia é o lugar escollido pola Coral Polifónica de Noia para dar cabida a un acto onde participarán O Coro Xuvenil do Concello de Noia; o Coro Xuvenil do Liceo de Noia; a Escola de Danza OITOS; o Grupo Folclórico Os Salgueiriños; O Coro do IES Virxe do Mar; o Orfeao Estrela da Serra de Portugal; a Banda de Música Municipal de Lousame e a Coral Polifónica de Noia. Estas organizacións unirán as súas forzas o próximo sábado día 8 de setembro ás 20 h. nun Concerto Solidario no que os beneficios serán a prol de Cruz Vermella de Noia, e que serán destinados ao financiamento dos distintos proxectos que están en marcha en dita entidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.