Noia

O Concello de Noia investiga a procedencia dun vertido de materiais de construción nunha parcela a carón da estrada Santiago-Noia

O Concello de Noia vén de retirar un vertido de materiais de construción nunha parcela a carón da estrada Santiago-Noia (AC-543), emprazada preto da gasolineira Combustibles Barcia SLU e do enlace coa autovía Santiago-Noia.
https://www.youtube.com/watch?v=KIlP0iDlRRg
A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, indica que “xa van varias veces que se limpou a zona e se volveron producir os vertidos, polo que xa demos traslado da situación á Xunta de Galicia. Ademais, cos medios dos que dispoñemos, o Concello está tentando localizar á persoa ou empresa responsable, tarefa para o que solicitamos tamén a colaboración veciñal”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.