O Concello de Noia convoca a segunda edición do Descenso en Kaiak do Río Tambre, que terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo.
Unha actividade gratuíta dirixida a veciños e veciñas a partir dos 6 anos, que terán que inscribirse dende hoxe mércores no primeiro andar da Casa do Concello de Noia. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dunha persoa adulta.