O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Ensino, Ángela Neri, fixeron entrega dos diplomas acreditativos do aproveitamento da Escola Municipal de Pais e Nais, celebrada durante o ano.
https://www.youtube.com/watch?v=9k4QEnZyaDc
Unha formación impartida pola psicóloga Rocío García Castro e na que participaron máis de 40 familias do municipio, se ben só 30 puideron rematar o curso con éxito.
Santiago Freire manifestou o seu compromiso de seguir con este curso o próximo ano porque “todo o que se faga polo ensino e por esta Escola de Pais e Nais é positivo e contribúe a que as familias poidan resolver dúbidas, compartir experiencias e colaborar entre todos a facer unha sociedade mellor.
O alumnado aproveitou a ocasión para agradecerlle á concelleira de Ensino que este ano ampliase o tempo de formación e lle plantexou a posibilidade de contar cun espazo máis amplo para as actividades para a vindeira edición.