Noia

Obradoiros de reciclaxe, seguridade viaria e Día da Bici centran este sábado o programa do Concello de Noia polo Día do Medio Ambiente

O Concello de Noia conmemorará este sábado 9 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente cunha serie de obradoiros e actividades que terán lugar na alameda e na praza do Curro baixo a lenda “Sen contaminación por plástico”.
https://www.youtube.com/watch?v=r_xFBdJayyw
“Cada ano vértense nos océanos oito millóns de toneladas de plástico, o que ameaza a vida mariña e humana, ademais de destruír os ecosistemas naturais. Por iso, dende o Concello de Noia queremos aproveitar as actividades polo Día Mundial do Medio Ambiente para facer un chamamento á veciñanza en favor dunha vila sen contaminación por plásticos”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.