20 noviembre, 2026
Image default

A Patrulla Acrobática de Paracaidismo do Exército do Aire pon o broche áo acto de conmemoración do 850 aniversario de Noia

Máis dun milleiro de persoas acudiron durante a mañá de hoxe sábado ao paseo marítimo de Noia para desfrutaren das distintas actividades programadas co gallo do “Salto Conmemorativo 850 Aniversario”, que culminou cunha exhibición de paracaidismo a cargo da Patrulla Acrobática de Paracaidismo do Exército do Aire (PAPEA).

Entre as 11:00 e as 14:00 horas, o paseo marítimo noiés foi un constante ir e vir de familias polos distintos stands e exhibicións programadas neste evento organizado polo de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10), en colaboración co Concello de Noia. O acto asistiron o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, o comandante do EVA 10, Juan José Váquez Moreira, o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; o xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina; o xeneral da Brigada Aerotransportada de Figueirido, Antonio Romero Losada; e o delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha Orduña ademais de alcaldes e concelleiros da comarca.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX