Ribeira

Simulacro de incendio no CEIP Palmeira

Esta mañá tivo lugar un simulacro de incendio no CEIP Palmeira que tivo como principal obxectivo poñer en práctica o plan de autoprotección deste centro educativo. O exercicio contou coa participación de Bombeiros, Policía Local e GAEM.
https://www.youtube.com/watch?v=bu9ODBy3NHo
No desenvolvemento do simulacro partiuse dunha suposta alarma de incendio nunha sala baldeira do inmoble. O exercicio constou da evacuación total e correcta do centro, o control dos usuarios e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.