O Concello de Noia fará un estudo económico sobre o mellor modelo de xestión para o aparcamento Xuíz Falcone. Unha medida aprobada por unanimidade no pleno ordinario celebrado onte luns a raíz dunha moción presentada polo grupo municipal socialista, despois de que a Marea Cidadá de Noia aceptara retirar a súa moción sobre o mesmo tema e decaera a súa emenda ao texto socialista, xa que limitaba o modelo de xestión a un estacionamento limitado no tempo.