Noia

Unhas 430 persoas participan na Festa do Maior do Concello de Noia

Preto de 430 veciños e veciñas de Noia participaron na Festa do Maior, celebrada esta tarde no polideportivo municipal Agustín Mourís e organizada polo Concello de Noia. Un acto que estivo presidido polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, quen estivo acompañado polos concelleiros de Benestar e Servizos Sociais, Marisol Villar Ageitos, e os concelleiros de Cultura, José Pérez Martínez, e Comercio, Mariola López Cierto.

Marisol Villar salienta que “contamos aproximadamente con 430 participantes, máis ou menos as mesmas cifras co ano pasado xa que a Festa do Maior é unha actividade que lles gusta moito aos nosos maiores e que os anima a saír da casa”. Neste sentido, Villar Ageitos explica que “para nós a Festa do Maior é unha iniciativa social, un punto de encontro para moitas persoas que non se ven noutras datas e que seguirá celebrándose ata que eles así o queiran”.

O xantar, servido pola polbeira Avenida (Vedra), comezou coa música do grupo de gaitas “O son do Pote” (Lousame). Como é tradicional, o xantar estaba composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro e torta larpeira, todo regado con viño e refrescos. Un menú moi local pois, coa excepción do polbo, todo o demais era produto producido en Noia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.