20 noviembre, 2026
Image default

O Concello de Noia repara a avaría que deixara sen servizo de subministro de auga ao camposanto municipal do Páramo

O Concello de Noia vén de reparar a avaría que deixara sen servizo de subministro de auga ao camposanto municipal do Páramo. Operarios da brigada municipal de obras de Noia estiveron traballando na zona e culminando os traballos realizados durante a semana anterior, que se centraron na localización da rotura na rede de tuberías que deixara sen auga o camposanto.

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “esta avaría estaba afectando aos veciños e veciñas, que se vían coa incomodidade de non dispoñer de auga para regar as flores ou limpar as sepulturas dos seus seres queridos, polo que dende o Concello actuamos o máis rápido posible para localizar a avaría, traballo que levou o seu tempo, e arranxala de xeito definitivo”.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX