2Noia

O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo presidirá no Coliseo Noela o acto institucional de celebración do 850 aniversario da Carta Pobra de Noia

O Coliseo Noela acolle este luns 9 de abril o acto institucional de celebración do 850 aniversario da Carta Pobra de Noia, que marcará o inicio dun amplo programa de actividades para conmemorar o aniversario da fundación da vila.

Ás 12:30 horas terá lugar o acto institucional no Coliseo Noela, que estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e que contará coa presenza do subdelegado do Goberno, Jorge Atán; o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; alcaldes e alcaldesas do partido xudicial de Noia (máis Rianxo); así como os ex-alcaldes de Noia e representantes das asociacións veciñais, culturais, deportivas e económicas da vila. En este acto o historiador Xerardo Agrafoxo, fará un adianto da súa conferencia “A Carta Pobra de 1168”

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.